CRTVG

Buscar

Goberno e Podemos pactan subir o salario mínimo a 900 euros en 2019

Publicado o 11/10/2018 09:32

A subida do salario mínimo interprofesional (SMI) a 900 euros e un aumento de orzamento para o plan estatal de vivenda son algúns dos puntos do acordo orzamentario entre o Goberno e Podemos, segundo fontes da negociación.

Estes son os puntos do acordo:

- SMI a 900 euros en 2019

- Aumento de orzamento en plan estatal de vivenda, máis protección aos inquilinos e regulación por concellos de prezos do alugueiro en zonas tensionadas.

- Transición enerxética 

- Aumento en dependencia significativo

- Lei de violencias sexuais

- Permisos de paternidade e maternidade iguais e intransferibles por lei

- Acordo de bolsas e redución de taxas universitarias

- Reforma da lei electoral: Mailing conxunto e listas cremalleira obrigatorias

- Fin do artigo 315.3 do Código penal

- Subida do Imposto de patrimonio o 1% ás fortunas de máis de 10 millóns de euros

- Os concellos poderán gastar o seu superávit en asegurar escolas infantís de 0 a 3 anos. 

O Consello de Ministros que se celebra este xoves polo festivo de mañá terá enriba de mesa o acordo con Unidos Podemos para os Presupostos Xerais do Estado. O pacto pechouse de madrugada, tras unha conversa entre Sánchez e Iglesias que comezaba en Moncloa onte ao serán, tras a vista do presidente do Goberno aos damnificados de Mallorca. E espérase que hoxe Pablo Iglesias explique os detalles nunha conferencia de prensa que se celebrará antes da reunión semanal do Executivo.

"España precisa uns presupostos xerais para ila sacando do nivel esquelético en que a dereita deixou o estado do benestar e desde logo tamén para cumprir coas comunidades autónomas e, sen dúbida de ningún tipo, cos compromisos con Cataluña.

A vicepresenta do Goberno referíase así ás negociacións coa Generalitat, para lograr tamén o apoio dos grupos cataláns ás contas do Estado.

Hoxe queda saber o alcance das cifras. A canto ascenderá o incremento do salario mínimo. Como se van recuperar as axudas á dependecia ou cales serán as liñas concretas para loitar contra a burbulla do alugueiro. E tamén, como tributará o IRPF das rendas medias e altas, algunhas das "liñas moradas" ás que Podemos supeditou o seu apoio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018