Pedro Sánchez e Obama reúnense en Sevilla nun encontro con "moita química"
Publicado o 03/04/2019 20:47
Pedro Sánchez e Barak Obama reuníronse en Sevilla, onde o vicepresidente dos Estados Unidos participa no Cumio do Consello Xeral de Viaxes e Turismo.
Segundo fontes da Moncloa, foi un encontro con "moita química" en que abordaron os desafíos globais e o perigo do cambio climático. Tamén a necesidade de avanzar na igualdade de xénero e nas políticas de acceso ao emprego e á vivenda para a xente nova.