CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez dixo que o Goberno "axudará a recuperar as zonas afectadas" pola DANA

Publicado o 14/09/2019 21:32

Tras sobrevoar en helicóptero os lugares máis anagados ,Pedro Sánchez aseguraba na localidade dos Alcazares, que é "factible" a declaración de zona catástrofica que demanda o goberno de Murcia. Con todo, o presidente en funcións di que "é prematuro" e pide algo de tempo, ata que baixe o nivel da auga e haxa unha avaliación completa dos danos.
Polo momento comprometeu os recursos do Goberno para dar resposta a esta crise de protección civil ,que advertiu aínda non rematou. " O Goberno non vai escatimar recursos nin material nin humano para dar resposta ",afirmou.
Pedro Sánchez chegaba a Murcia, tras visitar a cidade alacantina de Orihuela, a máis afecada polo desbordamento do río Segura e onde o temporal deixa dous falecidos.
Reuniuse co operativo de coordinación das tarefas de rescate e díxolles aos veciños que o executivo axudará a reconstruír a zona.

Tres ministros en funcións, Grande-Marlaska, Luis Planas e José Luis Abalos acompañaron a Pedro Sánchez na súa visita á zona cero desta gota fría.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2019