Pedro Sánchez, disposto a cambiar a lei para renovar o CXPX ante o bloqueo do PP
Publicado o 02/10/2020 20:51
Pedro Sánchez estuda cambiar a lei para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. Asegura que a maioría do Congreso debe buscar unha saída para actualizar o órgano de goberno dos xuíces ante o bloqueo do Partido Popular.
"Se temos o principal partido da oposición bloqueando esa renovación creo que a maioría absoluta da cámara e o poder executivo temos que dar unha saída para desbloquear esta situación e loxicamente renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial. E desde logo a miña intención e a miña vontade é facelo", aseguraba o presidente en Bruxelas.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 09:11