Sánchez di que non quere o apoio da dereita
Publicado o 06/10/2019 14:57
Pedro Sánchez asegurou hoxe que o Goberno "non cae nin en falsos alarmismos nin en falsas autocompracencias ante o arrefriamento da economía".
O líder socialista, que participou nun acto en Barakaldo no que se proclamou a Idoia Mendia como candidata ás eleccións vascas do 2020, comprometeuse a que se hai unha crise económica o "reparto da carga será xusto, a diferenza do que fixo o PP", "sen recortes nin suba de impostos..."
O presidente do Goberno en funcións tamén volveu arremeter contra a dereita, da que di non querer o seu apoio senón que deixen gobernar a lista máis votada.