CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez afirma que os presupostos do seu Goberno tentan a "modernización da economía"

Publicado o 13/01/2019 17:56

En clave presupostaria, Pedro Sánchez dixo hoxe que os españois non van entender que o PP e Ciudadanos voten en contra dunhas contas públicas feitas "a favor da maioría" dos cidadáns.

Sánchez participou hoxe en Burgos na presentación de Luis Tudanca como candidato á presidencia de Castela e León e alí cualificou como "bancarrota moral" a actitude da dereita que "abraza os postulados" da extrema dereita. Dixo que os presupostos do seu Goberno tentan a "modernización da economía", a igualdade e tamén a loita contra a pobreza e a exclusión.

Noticias web

13/01/2019