CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez di que "é tempo de mulleres", en alusión ao 8-M

Publicado o 03/03/2019 20:43

O presidente do Goberno referiuse hoxe ao 8-M a través dun vídeo. Pedro Sánchez sostén que "é tempo de mulleres" e di que hai que seguir apostando pola igualdade "cunha soa voz o 8 de marzo":

"É tempo de mulleres fronte aos que negan as necesidades de políticas activas para a súa seguridade, fronte aos que pretenden retrotraernos a outros tempos ou fronte aos que senten esa nostalxia en branco e negro e queren arrebatarlles ás mulleres os seus dereitos e as súas liberdades e o seu protagonismo na sociedade. España é un país aberto, moderno e tolerante, imparable en políticas de igualdade".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019