Pedro Sánchez di que a consulta de Podemos é unha "mascarada" para xustificar o non á súa investidura

Pedro Sánchez di que a consulta de Podemos é unha "mascarada", que está "trucada" para xustificar o non á súa investidura. O presidente do Goberno dá por feito que os de Iglesias votarán que non a un goberno socialista, repetindo o que fixeron en 2016.
Sánchez acusa a Podemos de romper unilateralmente as negociacións e recrimínalle a Iglesias que cualificase como unha "idiotez" a súa proposta para que membros de Podemos entrasen no Executivo. O candidato socialista considera que Podemos pode propoñer pero que é o presidente do Goberno o que debe escoller os membros do seu gabinete: "Non poño vetos pero non acepto imposicións", dixo.
Tamén acusou a Iglesias de non recoller a proposta real do PSOE na súa consulta aos inscritos: "Quedou na primeira proposta, cando nós lle fixemos un total de cinco".