CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez di nos Estados Unidos que agora é o momento de investir en España

Publicado o 24/07/2021 13:58

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ve cumpridos os obxectivos principais da súa xira económica polos Estados Unidos. O xefe do executivo español pechou en Silicon Valley unha xira norteamericana para explicarlles aos fondos de investimento principais e ás grandes empresas tecnolóxicas as oportunidades que ofrece España. Pedro Sánchez dixo que empresas coma Apple, Intel, ou outras grandes tecnolóxicas estadounidenses, poderán ter un gran papel na transformación e dixitalización da economía española.

Noticias web

24/07/2021