Sánchez defende o "maior desembolso xamais aprobado para as autonomías"
As comunidades comezarán a recibir os cartos o mes que ven
As comunidades autónomas recibirán 6 mil millóns de euros ,en xullo e 3 mil millóns máis, en novembro. Serán, segundo o goberno para investir en Sanidade. A repartición farase ,en ámbolos casos, antendendo o gasto sanitario provocado pola pandemia en cada rexión e a poboación protexida equivalente, que ten en conta o peso do envellecemento.
Amais dos 9 mil millóns para sanidade, o fondo inclue recursos para a educación pública. Este fondo contempla o maior desembolso xamais aprobado para as comunidades autónomas.
En decembro, repartiranse 5 mil millóns de euros entre as comunidades do rexime común , en función de criterios relacionados coa diminución de ingresos pola caída da actividade económica. O Consello de Minsitros vai aprobar este Fondo Covid o 16 de xuño, Despois deberá validalo o Congreso .
in