CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez considera que "non hai ningún obstáculo" para a abstención do PP e Ciudadanos

Publicado o 16/09/2019 14:41

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, considera que "non hai ningún obstáculo real" para que o PP e C's se absteñan na súa investidura despois de que o líder de C's, Albert Rivera, expuxese desbloqueala se o Executivo cumpre unha serie de requisitos.

Rivera ofreceulle este luns ao PP unha abstención conxunta se Sánchez di si a un goberno constitucionalista en Navarra, respecta a sentenza do procés e a non indultar os condenados e se compromete a non subir os impostos nin a impoñer cargas adicionais aos autónomos.