CRTVG

Buscar

Sánchez comeza unha xira por Europa para tratar o fondo de reconstrución

Publicado o 14/07/2020 09:49
Sánchez comeza unha xira por Europa para tratar o fondo de reconstrución

Sánchez quenta motores cunha minixira por Europa de cara ao cumio europeo que comeza o venres e no que a España lle vai moito.

Hoxe terá unha reunión con Merkel. Antes, primeira parada co primeiro ministro dos Países Baixos, co óso máis duro de roer. Houbo un malentendido xa antes do encontro. Interpretouse nunha declaración de Rutt que España tiña que atopar unha solución. As palabras foron matizadas despois para sinalar que "entre todos, temos que buscar unha solución". Con todo, manteñen que a partida será dura.

O primeiro ministro holandés asegura que non vai ser fácil acordar o fondo de reconstrución europeo.
O presidente español defendeu a importancia de chegar a un acordo xa agora para non atrasar a recuperación tras a pandemia. Holanda insiste en que as axudas terán que ir acompañadas de reformas.