CRTVG

Buscar

Iglesias négase a ser un mero decorado do Goberno de Sánchez e esixe protagonismo para Podemos

Publicado o 23/07/2019 10:19

• Rivera e Casado reiteran o seu non a Sánchez e desde Vox acúsano de querer gobernar con "extremistas"

Ás nove da mañá retómase a sesión de investidura coa intervención do voceiro da Esquerra Republicana, ao que seguirá o portavoz do PNV. Serán os primeiros compases dunha segunda sesión que continúa coa intervención do resto dos grupos minoritarios e na que, en principio, Sánchez ten poucas probabilidades de obter os apoios necesarios.

Do cara a cara de onte co líder de Podemos extráese que as posturas nas negociacións están de momento moi afastadas.

Ao saír do hemiciclo, Gabriel Rufián, o voceiro de ERC, pedía outra vez o entendemento das esquerdas e o líder de IU, Alberto Garzón, expresaba confianza nas negociaciacións en curso. Tamén trala sesión, houbo reunión e privado candidato socialista cos ministros, da que saíu unha nova mensaxe de man tendida a Unidas-Podemos, tralos reproches de Iglesias a Sánchez por pedirlle a abstención á PP e Ciudadanos.

Que eu lle esixa ao Partido Popular e a Ciudadanos que se absteñan para facilitar un goberno significa que estea a pactar con eles?, preguntoulle a Iglesias o candidato socialista pedíndolle a Unidas-Podemos que non terxiversen os feitos.

Iglesias demandou respecto para os 3,7 millóns de votantes de Unidas-Podemos e chegou a desvelar parte do contido das negociacións, para acusar ao PSOE de ofrecerlle a Podemos ministerios decorativos: "Somos unha forza política modesta e nova, pero non nos imos deixar pisar por ninguén", advertiu. Ante o que Sánchez reiterou a oferta dunha coalición. Ao tempo, pediulle a Iglesias apoio á investidura se non houbese acordo entre as dúas forzas de esquerda.

"Espero que acepten a oferta que lle fixemos, que é xenerosa, e que non ten nada que ver coa presenza de 'elementos decorativos' de Unidas-Podemos no goberno, porque do contrario poderemos vernos abocados ao que non queremos que é unha investidura frustrada e repetición electoral. Pénseno e medíteno e asuman a súa responsabilidade", remachou o aspirante á presidencia do Goberno de España.

Na quenda de onte dos grupos de oposición no debate de investidura. O primeiro en intervir foi o líder do PP.  Pablo Casado reiteroulle o seu non a Pedro Sánchez. Acúsao de ser refén dos independentistas para formar goberno.


Casado, rotundo no seu non a Sánchez
Pablo Casado é rotundo non seu non a Pedro Sánchez. Dille que non é de fiar porque oculta información sobre os pactos e as negociacións para formar goberno. Casado tamén aludiu ó impacto negativo a nivel económico que, dixo, tería o goberno formado por Sánchez. Pedro Sánchez pediulle reiteradamente a abstención a Casado.

Rivera mantén o non a Pedro Sánchez

Na súa intervención, o presidente de Ciudadanos acusou a Pedro Sánchez de querer perpetuarse no poder e de querer pactar con nacionalistas e independentistas, aos que Rivera chamou banda. O líder da formación laranxa mantén que votará non á investidura. O candidato á presidencia do Goberno pediu a abstención de Ciudadanos e díxolle a Rivera que escoite as enquisas que din que a maioría dos votantes de Ciudadanos queren que o seu partido facilite a investidura.


Iglesias asegura que Podemos non se vai deixar humillar
Pablo Iglesias asegura que Podemos non se vai deixar humillar e que non aceptarán ser un decorado no Goberno. Pedro Sánchez di que mantén a man tendida para un executivo de coalición pero advírtelle que entre estar no goberno e bloquear a investidura hai outros puntos de acordo posibles.

Vox: "Sánchez vai gobernar cos extremistas"
O último candidato en intervir esta tarde foi Santiago Abascal, o presidente de Vox, que acusa Pedro Sánchez de querer gobernar cos extremistas.

 

 

20:15

Abascal dille a Sánchez que as súas medidas subirán os impostos

 

 

 

 

 

 

 

19:50

Sánchez proponlle a Iglesias un pacto de investidura se falla o Goberno de coalición

 

 

 

 

 

 

 

18:50

Pablo Iglesias: "Necesitamos competencias acordes ao noso peso electoral. Non podemos aceptar ser un decorado no seu Goberno"

 

 

 

18:37

Pablo Iglesias comeza a súa intervención recordando as vítimas de violencia de xénero

 

 

 

 

 

 

 

18:26

Rivera: "Non quero homenaxes a Franco, nin a Maduro, nin a etarras. Vostedes o permiten"

 

 

 

 

 

 

 

17:49

Rivera: "Temos unha mala noticia para vostede, señor Sánchez, imos desmontarlle o plan"

 

 

 

16:50

Pedro Sánchez diríxise a Casado: "Se non quere que o Goberno dependa de forzas independentistas, téñense que abster"

 

 

 

16:21

Pablo Casado a Sánchez: "Xogou ao gato e ao rato durante dous meses. Temos a sensación de non saber se quere ser presidente do Goberno"

 

 

 

 

 

 

 

16:14

Retómase o debate de investidura. Casado reprocha a Sánchez que non citara a Cataluña no seu discurso

Retómase o debate de investidura. Casado reprocha a Sánchez que non citara a Cataluña no seu discurso

14:08

Sánchez pídelle á dereita que permita que "España teña Goberno"

 

 

 

14:07

"Os españois pedíronnos avanzar", dílle Sánchez ao grupo de Unidas Podemos

 

 

 

14:01

Loita contra a contaminación

 

 

 

13:39

O incremento do Salario Mínimo figura entre as medidas para buscar a xustiza social

 

 

 

13:35

"A discriminación da muller non é froito do azar, senón dunha sociedade patriarcal"

 

 

 

13:08

Sánchez propón un pacto educativo que garanta un investimento do 5 por cento do PIB

 

 

 

13:13

Sánchez aposta por proxecto de progreso e europeísta ante a crise catalá

13:04

"Teñen que ser compatibles crecemento e igualdade, crecemento sen cochesión social non é posible"

 

 

 

12:39

O candidato reprocha a PP e Ciudadanos a súas alianzas coa ultradereita

 

 

 

12:15

Sánchez apela á responsabilidade para saír do bloqueo

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí