CRTVG

Buscar

Sánchez celebra a vitoria de Illa e o PP di que os resultados non son extrapolables

Publicado o 15/02/2021 08:45

Pedro Sánchez celebra a vitoria de Illa en Cataluña e ve posible o cambio. Expresouse nas redes sociais. Di que a vitoria socialista supón unha fantástica noticia para facer posible o cambio e o reencontro. E dálle as grazas a Illa por devolver a ilusión de conseguir un futuro mellor para Cataluña e para España. Pronunciouse na mesma liña o secretario de organización do PSOE. Ábalos ve un camiño para a esperanza cunha gran perdedora: a dereita.

O secretario xeral do PP di que os malos resultados en Cataluña non son extrapolables a España. Cre que son consecuencia do xogo sucio que sufriron en campaña, di, tras as novas declaracións de Bárcenas.

En Vox consideran un fito histórico os 11 escanos obtidos a primeira vez que se presentan ás eleccións en Cataluña. E proclámanse líderes da oposición ao independentismo, onde tamén sitúan o PSC.

Primeira avaliación tamén a través das redes sociais do vicepresidente segundo e líder de Podemos. Pablo Iglesias destaca a consolidación da formación morada fronte aos que auguraron a súa desfeita. Aproveita para reivindicar o papel do seu espazo político. É "ineludible", di,  para conformar gobernos de esquerdas en Cataluña e en España fronte a unha "dereita" que Iglesias ve cada día máis ultra".

Noticias web

15/02/2021