CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez promete "firmeza" para afrontar a crise de Ceuta

Publicado o 18/05/2021 10:16

O presidente do Goberno cancelou a súa viaxe a París, onde ía participar no cumio de financiamento de África. Pedro Sánchez garantiu que o Executivo terá "a máxima firmeza" para devolver a normalidade en Ceuta tras a onda de inmigrantes procedentes de territorio marroquí.

Para seguir a evolución dos acontecementos, Sánchez queda e realizará no Palacio da Moncloa unha declaración institucional sobre a situación que está a vivir Ceuta.

Nunha mensaxe na súa conta de Twitter, o presidente do Goberno destacou que a súa prioridade é devolver a normalidade a Ceuta. "Os seus cidadáns e cidadás deben saber que contan co apoio absoluto do Goberno de España e a máxima firmeza para velar pola súa seguridade e defender a súa integridade como parte do país ante calquera desafío", subliñou Sánchez. 

Noticias web

18/05/2021