CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez asina hoxe o decreto de disolución das Cortes e a convocatoria de eleccións

Publicado o 04/03/2019 08:42

Conta atrás para as eleccións xerais. Sánchez asina hoxe o decreto de disolución das Cortes.
Despois remitirallo ao Rei para que o referende e farase efectivo mañá coa publicación no Boletín Oficial do Estado.

No decreto, ademais da data dos comicios, o 28 de abril, tamén consta o período de quince días de campaña, do 12 ao 26 de abril.

As Cortes volverán constituírse nun prazo máximo de 25 días despois das eleccións.

Noticias web

04/03/2019