CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez asegura que o Goberno "non se desentende" de Alcoa

Publicado o 29/07/2020 21:26

Pedro Sánchez asegurou que o Goberno non se "desentende" de Alcoa e que está negociando coa multinacional. Fíxoo en resposta á intervención do deputado do BNG, que suxería que o Goberno empregase os recursos de Europa en empresas estratéxicas en crise, como, recordou Néstor Rego, Alcoa San Cibrao.

"O Goberno de España non se desentende en absoluto. Estamos, precisamente, negociando con esa compañía e tamén apelamos á colaboración da Xunta de Galicia para poder remar todos xuntos cun obxectivo común, que é defender esta industria tan importante para Galicia e para o conxunto do país. En consecuencia, estamos traballando nesa dirección", di Pedro Sánchez, presidente do Goberno.

Noticias web

29/07/2020