CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez asegura que Gonzalo Caballero "é o candidato que Galicia necesita".

Publicado o 15/02/2020 14:43

Pedro Sánchez debullou no Comité Federal socialista os obxectivos do Goberno de coalición con Unidas Podemos. Resumiuno en tres aspectos: limpeza nas institucións, xustiza social para paliar as desigualdades e a pobreza, e cohesión territorial. Neste último tema, o territorial, convidou ao PP a participar no diálogo en Cataluña tras censurar a estraexia de crispación da dereita.

"Aquí non sobra ninguén, ningunha lingua, nin tampouco ningunha cultura, nin en Cataluña nin tampouco en ningún outro sitio de España. Tampouco sobra a oposición, comezando polo Partido Popular, a quen tendemos a man de novo para que se engada ao diálogo", sinalou o lider do PSOE

Sánchez falou do novo ciclo electoral nas comunidades históricas e referiuse a Gonzalo Caballero como "o candidato que Galicia necesita" para materializar o cambio político: "A sanidade pública galega necesita un presidente socialista á fronte da Xunta, a educación pública galega que tanto coñeces ti, Gonzalo, necesita un presidente socialista á fronte da Xunta, as infraestruturas tamén necesitan un presidente socialista"

Pola súa parte, Gonzalo Caballero afirmou que a Galicia chega "o vento do cambio" para acabar coa hexemonía do PP: "Se hai unha ampla participación nas eleccións do cinco de abril, por moito que Feijoo busque a política de confrotación, por moito que Feijoo utilice o poder da Xunta de Galicia para proxectar a súa imaxe, o vento do cambio será imparable en Galicia".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/02/2020