CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez asegura que explorará novas vías e que retomará as negociacións

Publicado o 26/07/2019 16:33

Tras o fracaso de onte, Pedro Sánchez asegura que explorará novas vías e xa anunciou que vai chamar os líderes do resto de partidos para falar da posibilidade de desbloquear a situación. Pero o certo é que polo momento a súa oferta non pasa de ser unha chamada a que se absteñan ben o Partido Popular, ben Ciudadanos ou Unidas Podemos.

Tampouco se concretou ningunha data, así que os de Iglesias ínstano a sentarse xa de novo a negociar, sen agardar a setembro para conformar un goberno de coalición.

Tras o fracaso da investidura, Pedro Sánchez anunciou que iniciará novos contactos co resto de partidos.
PSOE e Unidas Podemos cúlpanse mutuamente da situación. Aínda así, os de Iglesias aseguran que seguen dispostos a negociar.

De non chegar a acordos antes do 23 de setembro, convocaranse unhas novas eleccións xerais para novembro, serían as cuartas nos últimos catro anos. As últimas de abril custaron máis de 180 millóns de euros. De cumprirse este escenario, alongaríase a parálise lexislativa e habería que volver prorrogar, por segundo ano, uns Presupostos Xerais deseñados por Montoro durante o último goberno de Rajoy.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/07/2019