CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez asegura que as manifestacións do 8-M representan "o futuro de España"

Publicado o 09/03/2019 14:50

O secretario xeral do PSOE, nun acto de partido en Valladolid, defendeu que a España que se botou onte á rúa no Día da Muller representa a "España de hoxe" e o "futuro do país".

Pedro Sánchez asegurou que o 28 de abril so hai dúas opcións entre as que elixir: "unha España na que caben todos" ou unha España "en que só caben os da praza de Colón". Sánchez afirmou que a "dereita non cre na igualdade, nin nas políticas sociais", e que "representa o pasado". O líder socialista asegurou ademais que PP e Ciudadanos só saben "dividir e confrontar" a sociedade.

 

Noticias web

09/03/2019