CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez asegura que a dereita "crispa" en vez de "recoñecer os éxitos" en vacinación e recuperación económica

Publicado o 04/09/2021 14:07

No ámbito da política estatal, Pedro Sánchez falou de éxitos colectivos como o 70% de vacinados e duns datos económicos que apuntan cara a unha recuperación sostida. Nesa liña, dixo que a dereita crispa en vez de "celebrar os éxitos":

"Seis meses consecutivos reducíndose o paro xuvenil, o paro feminino; seis meses consecutivos aumentando a afiliación á Seguridade Social. Estamos xa practicamente a niveis previos á pandemia. Iso é o que logramos entre todos: superar a pandemia e acelerar a recuperación económica. E fixádevos, ao final aqueles mesmos que negaron daquela que España avanzaba cara ao 70% de vacinación son os mesmos que negan agora que España avanza na recuperación, e eu dígolles que se equivocaron e se volverán equivocar".

Noticias web

04/09/2021