CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez anuncia un plan para reconstruír A Palma de 206 millóns de euros

Publicado o 03/10/2021 16:46

O presidente do Goberno viaxou este domingo de novo á Palma para realizar un seguimento da evolución do volcán e dos efectos causados pola erupción. Pedro Sánchez reuniuse co Comité Director do Plan de Emerxencias Volcánicas das Canarias.

Tamén ten previsto visitar un hotel en que se aloxan algunhas das persoas desaloxadas pola erupción. Pouco antes das dúas da tarde Sánchez realizaba unha comparecencia xunto ao presidente das Canarias, nela o xefe do executivo anunciou a aprobación dun plan de recuperación para A Palma de 206 millóns de euros.

"O vindeiro martes o Consello de ministros vai aprobar un paquete de medidas moi potente, moi potente desde o punto de vista da reconstrución de infraestruturas, da subministración da auga, tamén de emprego, tamén de agricultura, do sector turístico e dos beneficios fiscais por un importe total de máis de 200 millóns de euros, aprobarase un real decreto lei para a segunda fase da emerxencia e reconstrución da illa da Palma", asegurou Sánchez.

 

Noticias web

03/10/2021