CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez anuncia novas negociacións tras a derrota e xa non fala de goberno de coalición

Publicado o 26/07/2019 09:18

Primeiras declaracións de Pedro Sánchez pouco despois de perder a segunda votación dunha investidura que non foi posible pola falta de acordo con Unidas Podemos. Co seu líder foi especialmente duro o presidente en funcións. Acúsao de querer montar un goberno en paralelo e ata en catro ocasións remarcou o erro de Iglesias ao non facilitar a investidura.

Sánchez volverá intentalo. Pero xa non fala dun goberno de coalición e apela á responsabilidade de Partido Popular e Ciudadanos para que permitan a formación do Goberno. Algo que, de momento, parece pouco probable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/07/2019