CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez anuncia a chegada de 3,4 millóns de vacinas de Pfizer en agosto

Publicado o 30/07/2021 11:40

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou a chegada en agosto de 3,4 millóns de vacinas de Pfizer, o que permitirá anticipar a ese mes o obxectivo de ter vacinada coa pauta completa ao 70 % da poboación española.

Sánchez fixo este anuncio na intervención que realizou instantes antes do comezo da sesión plenaria da XXIV Conferencia de Presidentes, que se celebra este venres na cidade castelán leonesa de Salamanca.

Segundo dixo, a ministra de Sanidade, Carolina Darias, pechou onte o acordo para a adquisición desas 3,4 millóns de doses da vacina de Pfizer para a súa chegada a España en agosto.

A día de hoxe, afirmou Sánchez, o 56 % da poboación española está xa vacinada coa pauta completa

 

 

 

Noticias web

30/07/2021