CRTVG

Buscar

Os sindicatos urxen a Sánchez a pactar con Podemos

Publicado o 09/08/2019 12:06

UXT e Comisións Obreiras non contemplan unha repetición electoral. Dixéronlle a Pedro Sánchez que non se pode perder a oportunidade dun acordo de esquerdas que permita, entre outras cousas, derrogar a reforma laboral ou reformar o sistema de pensións. E coinciden en que non hai tempo que perder.

Pepe Álvarez, secretario xeral da UXT, cre que "o que fai falta é que a esquerda pense que os días pasan, que no último segundo todo é máis dificil".

Unai Sordo, secretario xeral de CC.OO., di que "se teñen desconfianza, pois terán que negociar con desconfianza. Pero teñen que abordar unha negociación política canto antes".

A CEOE tamén ten os seus motivos para que haxa goberno canto antes, como o brexit ou a guerra comercial entre os Estados Unidos e A China. Só píden que sexa estable e moderado.

Antonio Garamendi, presidente da CEOE, di que "necesitamos un goberno moderado, que aplique rigor presupostario, que traballen dentro da ortodoxia económica"

No PSOE responderon este xoves a Pablo Echenique, que acusou a Sánchez de buscar escusas para non pactar con eles. José Luis Ábalos lémbralles que foi Podemos quen rexeitou unha proposta de coalición que cualificou de atrevida.

José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE di que "a min o que si que me parece que é unha escusa é atribuír a competencias do Goberno de España o cualificativo de decorativas ou testemuñales"

Cruzamentos de declaracións que Ciudadanos cualifica de "telenovela de verán".

José Manuel Villegas, secretario xeral de Ciudadanos, di: "Séguense comunicando vía medios de comunicación ou redes sociais pero, de momento, sendo incapaces de chegar a acordos". Ciudadanos reitera o non a Sánchez e avanza que Rivera non acudirá a ningunha nova xuntanza co líder socialista para o que chaman "política de álbum de fotos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí