CRTVG

Buscar

Pedro Rielo: "Eu quería facer unha novela que retrataba unha xeración"

Publicado o 01/07/2019 10:18

Detrás dos perdidos é o título da novela do noso compañeiro Pedro Rielo, (Pontevedra, 1972) merecedora do III Premio de Novela Curta Xosé Neira Vilas

Nunha entrevista no Bos Días reflexionou sobre esta novela: "É un libro no que tento acougar, reflexionar un pouco nun tempo que foi vital para nós, como os anos 80", dixo. "Eu formo parte da xeración Fálalle galego, Ollo ao piollo; a primeira que recibiu clases de galego", explicou, "eu quería facer unha novela que retrataba unha xeración, que a puidesen ler os rapaces do instituto pero tamén os maiores", eses que se poden ver reflexados no tempo da historia.

"A nosa é unha xeración moi cambiable, a medio camiño entre a cultura impresa e televisiva, e de agora na que hai outras realidades, cunhas relacións máis virtuais", explica Rielo, "nós eramos unha xeración máis física, e a novela é así, podese ver, tocar e ata ulir".

Sobre a historia, e nese contexto xeracional, Pedro Rielo conta que "É unha especie de road movie. Sempre falamos das aldeas que perden habitantes, pero isto xa se notaba nos anos oitenta. A novela é unha especie de percorrido entre Pontevedra e unha aldea que se chama Caldarcos, en Lugo".

E como compañeiro da Televisión de Galicia, reporteiro de directos, tamén ten unha referencia para esta casa porque "aí tamén ten un protagonismo a TVG, porque somos a xeración Magnun, porque sempre estábamos pendentes da tele, de ver ao noso detective privado favorito e nesa aldea na que se desenvolve a novela non se sintonizaba moi ben". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí