CRTVG

Buscar

Colexios e institutos prepáranse para a corentena

Publicado o 13/03/2020 10:00

Colexios e insitutos de todo o país recibían esta mañá os alumnos que acudían á clase e que xa non o farán a partir do luns. Eran menos, de todos os xeitos, que nunha xornada normal. 

Nos centros, como contaba, Eva López, directora dun instituto de Vigo, a actividade céntrase principalmente en preparar todo o necesario para que os alumnos poidan seguir co curso na medida do posible nas próximas semanas, principalmente "a través das aulas virtuais".

Noticias web

13/03/2020