CRTVG

Buscar

Pedro Rascado: "O impacto da Semana Santa xa está superado"

Publicado o 29/04/2021 12:15
Pedro Rascado: "O impacto da Semana Santa xa está superado"

O doutor Pedro Rascado, membro do comité clínico que asesora a Xunta, asegura que Galicia xa superou o impacto da Semana Santa nos indicadores da pandemia.

Nunha entrevista no Galicia por diante, da Radio Galega, o doutor Rascado asegura que non se detecta un aumento exponecial da transmisión do virus como acontecera despois do Nadal.

A preocupación do comité clínico céntrase agora na área de Vigo e nalgúns concellos, como Marín, con elevadas incidencias. 

O doutor Rascado cre que o efecto da vacinación se irá notando progresivamente na rebaixa da presión hospitalaria, pero matiza que a mellor maneira de evitar un aumento de ocupación nos hospitais é controlar a expansión do virus.