CRTVG

Buscar

Peches preventivos en varios negocios chineses de Ourense

Publicado o 12/03/2020 14:27

Algúns negocios chineses amenceron hoxe coa persiana baixada en Ourense. Adiantan as vacacións, din, por mor do coronavirus.

Cremos que a saúde é o primeiro, indican os propietarios deste restaurante chinés situado no centro de Ourense nun cartel que anuncia que adiantan as vacacións por mor do coronavirus. O mesmo neste bazar tamén chinés situado a poucos metros. Non é unha medida xeneralizada, a maioría seguen abertos, pero extremando as precaucións: "A máscara e o xel. Só iso". "Por seguridade, a nosa e a dos clientes", sinalan dous vendedores chineses.

Aseguran que non teñen problemas de desabastecemento nin caída significativa das vendas: "Coma sempre, igual, só que con medidas de seguridade".

No resto do comercio local non se realizaron, de momento, peches preventivos.

Noticias web

12/03/2020