CRTVG

Buscar

Bos días

A USC pecha as súas residencias e ponas á disposición da sanidade pública

Publicado o 20/03/2020 09:57

A Universidade de Santiago pechou as súas residencias de estudantes para cumprir coa situación do estado de alarma e agora ponas á disposición da sanidade pública.

O medio cento de estudantes que aínda quedaban nalgunha das cinco residencias que ten en Santiago foron agrupados no Burgo das Nacións e agora abandonan o aloxamento para que poida ser empregado polas autoridades sanitarias.

En total, a institución académica compostelá conta con seis residencias, cinco en Santiago e unha en Lugo, con 1.500 prazas.

Bos días

20/03/2020