CRTVG

Buscar

Peche parcial da térmica de Endesa en Mallorca

Publicado o 30/12/2019 20:54
Peche parcial da térmica de Endesa en Mallorca

Pecha tamén, aínda que de xeito parcial, a central térmica que Endesa ten nas Baleares. As dúas unidades de produción de enerxía eléctrica a partir de carbón da central térmica de Alcudia deixan de funcionar para iniciar o proceso de descarbonización.

O peche responde ao acordo asinado hai un ano polos gobernos central e autonómico con Endesa. A lei de cambio climático das Baleares establece que en 2050 toda a enerxía que se produza no arquipélago deberá provir de fontes limpas.

Noticias web

30/12/2019