CRTVG

Buscar

Peche de vestiarios e duchas: os ximnasios sofren novas restricións

Publicado o 20/01/2021 16:24

Unha das grandes novidades para os ximnasios está nos vestiarios e zonas de ducha, que en ningún caso poderán estar abertas para os usuarios, salvo en casos estritamente necesarios en que poderían habilitarse espazos auxiliares. Outra das medidas é que só se pode practicar deporte cun máximo de catro persoas e sen contacto. Os ximnasios tratan de adaptarse ás novas restricións que afectan directamente o número de usuarios e ocupación.

Primeiro foi a máscara obrigatoria, unha medida que se acompañou coas limitacións de asistencia e o distanciamento. As restricións causaron moitas baixas nos centros deportivos polo medo aos contaxios. Outros seguen acudindo porque se senten seguros con estas medidas.

As novas restricións obrigan ao peche dos vestiarios, só poderan usarse en caso de estrita necesidade para o que se habilitarían espazos auxiliares.

Outra novidade é que só estará permitida a actividade individual ou colectiva en máximo de catro persoas. Toca reorganizar os centros.

Medidas que segundo os profesionais afectan directamente aos aforos.

Deberánse establecer as medidas necesarias para garantir a distancia e en ningún caso superar o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.

Noticias web

20/01/2021