CRTVG

Buscar

Péchanlle a canle durante cinco anos a un 'youtuber' por danos morais

Publicado o 31/05/2019 19:15

O Youtuber que ofreceu galletas recheas de pasta de dentes a un mendigo non poderá usar esa rede social durante cinco anos e deberá cumprir 15 meses de prisión.Tamén lle terá que pagar á vítima 20.000 euros. O Xulgado Penal 9 de Barcelona dictou esa condena contra o individuo por gravar os feitos e publicalos na rede social para rirse do mendigo. Impútalle un delicto contra a integridade moral e, amais, obrígao a pechar durante cinco anos a súa canle de Youtube, na que tiña máis dun millón e medio de suscriptores e 124 millóns de visualizacións.

 

Noticias web

31/05/2019