Pechan unha escola infantil de Lugo debido a un gromo entre o persoal
Publicado o 03/01/2021 19:36

O Concello de Lugo pechou a escola infantil Luís Soto Menor debido a un gromo de coronavirus que afectaría a parte do seu persoal. Malia que, segundo aclaran nun comunicado, as posibilidades de contaxio cos nenos son moi poucas, o peche desta escola faise por responsabilidade.
Agora aproveitarase para desinfectar todo o centro e, tamén, para seguir facendo probas PCR entre o resto dos traballadores. Esta é unha das catro escolas infantís do Concello de Lugo e a ela acoden nenos de 0 a 3 anos.