Pechan un local de Lugo que acumula máis de 20 denuncias
Son múltiples as liortas que se levan producido nos últimos meses ás portas e ata no interior deste establecemento de hostalería da rúa Camiño Real de Lugo. Neste caso víronse agredidos axentes da policía local que tentaban restablecer a orde. As denuncias e avisos dos veciños fronte as situacións que se vivían na contorna do bar foron de toda índole e por eso a policía comezou o proceso para o peche do local.
Os incumprimentos reiterados das normas fronte á covid, así como a conflictividade e as molestias causadas durante tantas semanas dan unha mala imaxe da zona en particular e da hostalería en xeral que o Concello quere atallar canto antes para atender as queixas veciñais.
Aos propietarios do local xa se lles pechou hai tempo outro establecemento polos mesmos motivos que agora.