CRTVG

Buscar

Pechan as residencias integradas de Santiago e Baños de Molgas

Publicado o 22/05/2020 16:32

A residencia integrada Porta do Camiño, habilitada pola Xunta para atender aos usuarios que deran positivo por COVID procedentes de centros xeriátricos das provincias de Lugo e A Coruña, quedouse baleira desde este venres, tras a saída do últimos catro maiores que quedaban nela.  

Segundo informaron fontes de Política Social e de Sanidade, nas últimas horas confirmouse a saída de tres anciáns libres de COVID e o traslado dun cuarto, aínda positivo, ao Hospital Clínico de Santiago.  

Este centro sociocomunitario foi habilitado como residencia integrada (medicalizada) dependente do Sergas a finais de marzo, cando a pandemia comezou a recruar e o número de contaxios en residencias (tanto de usuarios como de traballadores) crecía de forma importante. 

Política Social confirmou que esta residencia integrada chegou a acoller a 74 anciáns afectados polo COVID-19. Aqueles que se foron recuperando foron sendo trasladados ás súas residencias de orixe.  

Así mesmo, aínda que a residencia quedou baleira de usuarios, non se clausurará, senón que permanecerá aberta e a disposición do sistema sanitario por se fose necesario trasladar novamente a algún maior contaxiado.

Noticias web

22/05/2020