CRTVG

Buscar

Pechan as piscinas municipais de Xinzo por vandalismo

Publicado o 01/09/2020 15:32

Guindaron parasoles, mesas e cadeiras á auga. Unha estampa lamentable e reiterada que se atoparon os operarios das piscinas municipais de Xinzo tanto o sábado como o domingo pola mañá. Había ademais outros destrozos que levaron ao concello a baleirar os vasos e pechalos definitivamente polo que resta de verán.
 

Noticias web

01/09/2020