CRTVG

Buscar

Dezaseis polígonos mexilloeiros están pechados pola presenza de biotoxinas

Publicado o 13/03/2018 14:56

16 polígonos mexilloeiros pechados desde hoxe pola presenza de biotoxinas mariñas. Desde o Instituto Tecnolóxico para o control do medio mariño aconsellaron a prohibición de sacar mexillón nas rías do sur da comunidade.

As condicions atmosféricas destes últimos días, xunto ao vento do sur, acentuaron a marea vermella e confirmaron o forte episodio tóxico primaveral. Así, a extracción de mexillón quedou prohibida desde hoxe en 16 polígonos. En concreto, afecta 1 de Baiona, 6 de Vigo, 3 na ría de Pontevdera, 4 en Arousa e 2 en Muros.

O peche cautelar vaise manter mentres haxa presenza desta células produtoras de toxicidade e que provocan a coñecida como marea vermella. Con todo, trátase dun episodio que adoita producirse en primavera coa chegadas dos afloramentos, e que estes días se acentou pola entrada das sucesivas borrascas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018