CRTVG

Buscar

Pechada unha operación antidroga en Lugo con oito persoas detidas

Publicado o 24/02/2021 13:08

A Policía Nacional detivo cinco persoas relacionadas cunha operación antidroga en Lugo.

Son catro homes e unha muller, todos con antecedentes e residentes en Santiago, Arzúa e A Coruña.

Os cinco arrestados quedaron en liberdade con cargos á espera de xuízo. Con estas detencións dáse por finalizada a operación antidroga que comezou hai un par de meses coa detención en Monterroso doutras tres persoas que se encargaban da distribución das substancias estupefacientes.

As investigacións levaron ata os agora detidos que eran os encargados de prover de marihuana e éxtase os distribuidores.

 

Noticias web

24/02/2021