Pechada ao baño unha zona da praia Compostela en Vilagarcía
Publicado o 23/08/2019 17:15
A prohibición vaise prolongar toda a fin de semana

Esta tarde quedou pechada ao baño unha zona de arredor 80 metros, da praia vilagarciá de Compostela.
Apareceu unha mancha amarela que ía cambiando de cor.
As mostras para a análise leváronse a un laboratorio que non terá os resultados ata o luns, polo que na fin de semana manterase a prohibición do baño nesa zona.
Televisión de Galicia púxose en contacto cun técnico de Intecmar (Instituto Tecnolóxico para o control do medio mariño de Galicia), quen dixo que poderían ser algas que aparecen debido aos cambios bruscos das temperaturas. Pero isto só son conxecturas, polo que hai que esperar os resultados das análises.