CRTVG

Buscar

Pecha un local de copas de Santa Cruz tras dar positivo por Covid-19 o porteiro

Publicado o 27/07/2020 13:59

Pechado a cal e canto. Así segue este local de copas de Santa Cruz tras dar positivo por Covid-19 un traballador. 

"O porteiro saíu afectado por coronavirus e pecharon desde o sábado ata sabe Deus cando...", di a traballadora dun hotel próximo. 

O Sergas xa iniciou o rastrexo de máis dun cento de clientes e poderían aumentar de xeito notorio porque o vixilante traballaba tamén en varios locais da Coruña. Un deles, este, na rúa Torreiro.

Os hostaleiros desta localidade oleirense din estar preocupados. Unha preocupación que tamén se palpa na rúa.

Por outra banda, en canto aos membros da expedición do Fuenlabrada que seguen confinados no hotel Finisterre da Coruña, o Sergas confirma que son 18 os casos positivos, incluódos os 12 previamente diagnosticados como positivos o xoves pasado.

Noticias web

27/07/2020