Pecha o derradeiro videoclub do Morrazo
Publicado o 09/06/2021 20:27
Canto significaron os videoclubs nas vidas das xeracións dos 80 e dos 90. Pero mesmo para os que foron asiduos xa case parecen cousa do pasado.
Cando este negocio abriu as súas portas, en 2005, xa pasara a época dourada dos videoclubs. Con todo, chegaron a ter 4.500 socios.
O confinamento non fixo máis que acelerar a decisión de pechar o videoclub que pensaban tomar a medio prazo porque vían esgotado o modelo de negocio.
No derradeiro videoclub do Morrazo liquidan as películas que lles quedan e prepáranse para pasar páxina sen nostalxia.