Pecha no seu negocio o ladrón que entrara a roubalo no seu comercio de Santiago
Un comerciante de Santiago pechou dentro do seu negocio o ladrón que entrara para roubarlle os cartos da caixa, e alí o deixou ata que chegou a Policía. Segundo o home, o ladrón desistía de levarlle máis de 800 euros, a cambio de que o deixara saír.
Un home duns 35 a 40 anos, segundo a descrición da vítima, pretendeu roubar a recadación dunha tenda da rúa compostelá de San Francisco e acabou saíndo sen botín e esposado pola policía. Foi onte ás seis da tarde nun instante en que o dono saía da tenda para ír á do lado.
Bello Rey relata que o individuo imploraba que lle abrira ao sentirse acurralado e mesmo fixo ademán de desistir de levar os cartos.
A policía levou o ladrón esposado para poñelo a disposición do xuíz.
Catro días antes outro establecemento da mesma rúa, o estanco, foi obxecto de asalto. Un home que empuñaba un obxecto punzante ameazou a persoa que o atendía e, segundo esta, logrou fuxir con 500 euros que tiña na caixa.