CRTVG

Buscar

Pecha en Vigo unha barbería despois de máis de cen anos atendendo o público

Publicado o 30/01/2020 14:38

Xa quedan poucos establecementos de concesión municipal baixo a vella rúa da Laxe. E un deles é o salón de peitados de Pedro Fernández. O luns xa non abrirá as súas portas por mor da caducidade da concesión municipal. Pedro herdou o salón de peiteados do seu tío que o adquiriu previamente.

Pola súas mans pasaron algunhas das cabezas máis coñecidas de España. O cantante Julio Iglesias e seu pai tamén souberon do bo facer capilar de Pedro.

Pedro é un clásico canda el desaparece un xeito de facer e un negocio de máis dun século de vida. O seu fillo que traballa con el tentará establecerse noutro lugar. Con el houbo xa un cambio de ciclo.

O cliente máis veterano leva 80 anos gozando dos servizos deste salón de peiteados, agora Pedro vaille cortar á casa. Con el esmorece tamén unha vella arte que se está a perder.

O luns este salón de peiteados pasará á historia e Pedro poderá gozar dunha nova vida de xubilado aínda que co corazón encollido xa que con el se pecha unha páxina da historia de Vigo.

Noticias web

30/01/2020