CRTVG

Buscar

Pecha a escola infantil Gregorio Sanz de Lugo tras o positivo dunha educadora

Publicado o 25/09/2020 18:24
Pecha a escola infantil Gregorio Sanz de Lugo tras o positivo dunha educadora

Un positivo por covid-19 detectado nunha educadora obrigou ao peche da Escola Infantil Municipal Gregorio Sanz, no Concello de Lugo. O Goberno local comunicou ás familias esta decisión co fin de minimizar os riscos para os pequenos, tras confirmar o caso esta mañá.

O edil de Educación, Felipe Rivas, xustificou a medida "por responsabilidade", a pesar de que o risco de contaxio era "moi pequeno". O resto de traballadoras da escola serán sometidas a probas para descartar unha maior incidencia do virus nas instalacións, que se someterán a tarefas de desinfección.