CRTVG

Buscar

Pubs e discotecas piden poder abrir ata máis tarde para poder ser alternativa ao 'botellón'

Publicado o 08/07/2021 15:27

O sector do ocio nocturno ve con bos ollos a nova medida. Abrir nos concellos de nivel medio, e non só nos de menor incidencia de virus, iso sí con proba PCR ou tes de antíxenos negativo. José Luis Asenjo, propietario da discoteca Tokio di que "nas xuntanzas que mantivemos coa Xunta esto chegamos a propoñelo nós. Cremos que é un bo xeito de empezar a ir mellor".

Os propietarios de pubs e discotecas creen que nova medida tamén vai axudar a detectar asintomáticos entre os mozos. Unha franxa de idade á que lle está custando asistir aos cribados. Daniel Lorenzo, dono do pub La Pomada cree que "vai ser máis seguro do que xa é" e confía en que esto permita "que os cribados que non están funcionando, funcionen". 

O sector pide ampliar horarios e ocupación para acabar cos botellóns e as festas nas rúas e nas casas. Lorenzo asegura que "é importantísimo que teñamos tanto o horario segundo licenza como que se amplíe a ocupación para que se reduzan as festas en espazos privados e públicos que son ocio non seguro". Ademáis da proba negativa tamén serve para entrar o certificado de vacinación completa ou unha xustificación que acredite ter pasado o virus nos últimos seis meses.

Noticias web

08/07/2021