CRTVG

Buscar

Pazolo e Pablo Rey, goleadores históricos do Racing

Publicado o 17/04/2019 18:42

E hoxe reunimos en Ferrol os máximos goleadores na historia do Racing. Aquí están Pazolo e Pablo Rey. Dúas lendas do racinguismo. A imaxe desta semana porque Pablo Rey alcanzou a Pazolo. Pablo Rey Cabarcos chegou aos noventa e oito goles. Está claro que o vai superar.

Pazolo xogou oito temporadas no Rácing repartidas en tres etapas. O futbolista de Cangas xogaba de dianteiro centro e era o máximo goleador do Rácing ata este domingo. Pablo Rey alcanzouno cun tanto en Calabagueiros. Pablo formouse no Rácing. Tivo algunha viaxe de ida e volta, pero o seu verde é o verde dunha cidade.
 

Noticias web

17/04/2019