CRTVG

Buscar

Pazolandia abre as súas portas en Ourense

Publicado o 26/12/2019 14:18

Pasear por Pazolandia é algo así como facelo por un pequeno parque de atraccións. A apenas uns minutos de abrir as súas portas os cativos xa lle tiñan tomada a medida a todo canto trebello subía, baixaba ou collía velocidade.

Hainas máis impactantes, de altura, de choque, para máis grandes e para pequenos. En Pazolandia hai atraccións e oco para todos. É tempo de vacacións para os cativos, que hoxe non están sós en Pazolandia. Os cativos téñeno claro.

Así que xa saben, no caso de que se animen, Pazolandia ten abertas as súas portas ata o próximo 4 de xaneiro.

Noticias web

26/12/2019