CRTVG

Buscar

Pazo de Rubianes, elixido o mellor viño branco de Galicia

Publicado o 03/08/2021 14:03

A historia do Pazo de Rubiáns remóntase a 1.411 e sempre estivo vencellado á produción vitivinícola. Na actualidade contan con 25 hectáreas de viñedos, todas elas de albariño, co que elaboran Pazo de Rubianes, que acaba de recibir o Acio de Ouro ao mellor viño branco nas Catas de Galicia que organiza a Consellería do Medio Rural. Un albariño monovarietal resultado dunha rigorosa selección da uva.

O ano pasado produciron 58.900 botellas do viño premiado e que, como as outras dúas elaboracións que fan aquí, loce unha camelia, despois de que nunha das súas visitas ao pazo o científico Stephen Hawking o definira como o viño das camelias. 

Pioneiros do enoturismo en Galicia, o pazo abre as súas portas todos os días aos visitantes que queiran coñecer o proceso de elaboración dos seus viños. 

Un premio que lles está a abrir novas portas á exportación.

 

Noticias web

03/08/2021