Pazo Barbeirón, en Trives, conta con seis bois para atraer os turistas que visitan a Ribeira Sacra
Publicado o 19/08/2020 21:18
Os bois Tom e Jerry son un reclamo turístico máis do Pazo Barbeirón unha casa do século XVIII, na Ribeira Sacra Ourensá. Tranquilidade, natureza e boa gastronómía é o que atopan os que están pasando uns días aquí.
A familia Pardo, con Melissa á fronte, adquiriu esta propiedade hai un ano e agora xa pensan ampliar o negocio. Para isto están a resturar as antigas casas que rodean a vivenda, para ter tamén apartamentos privados. O que ofrecen é unha experiencia única.